Tras a celebración do Consello Deportivo Municipal o pasado 18 de
xaneiro, proponse como data da Gala do Deporte o venres 24 de febreiro de 2017.

Ábrese un prazo de 15 días naturais a contar desde o luns día 30 de
xaneiro de 2017 para presentar as candidaturas (que deberán conter o
currículo referente ao 2016 e a fotografía da persoa, entidade ou equipo do que
se trate) estas deberán ser entregadas no rexistro do Concello (o horario de
rexistro é de 9h-14h de luns a venres); ademais agradécese que se acheguen
tamén en formato dixital dirixido ao correo electrónico da alcaldesa,
alcaldia@concellodemoana.org

Mais Información – descargar PDF – Gala do deporte 2017